Thursday 02 de May de 2024

Raquel Queizás estará este sábado en Laxe co seu contacontos ‘Chimpo de ra’


• A historia, narrada con obxectos e monicreques, conta as vivencias de Nano e a súa irmá Nona

• A actuación forma parte da rede cultural da Deputación da Coruña

O Salón de Actos Culturais do Concello de Laxe acollerá este sábado, 21 de outubro, o contacontos para nenos e nenas ‘Chimpo de ra’, de Raquel Queizás.

A historia conta as vivencias de Nano, o irmán maior de Nona. El sabe dar grandes saltos de ra, pero ela aínda está a aprender: cae, non sabe, chora… Nano ten celos dela e quere volver a ser pequeno.

A sesión de contos inclúe unha narración apoiada en obxectos e monicreques para nenas e nenos a partir de 3 anos. Será a partir das 19:00 horas e terá unha duración de, aproximadamente, 35 minutos.

Forma parte da programación municipal para este outubro e está enmarcado na rede cultural da Deputación da Coruña.